Este blogue continua actualizándose na nova páxina do autor.

O enderezo para as subscricións é este.

O noso último post fala sobre as vacacións da familia Liddell no norte de Gales:

É probábel que a mediados do século XIX, cando o matrimonio formado por Henry e Lorina Liddell decidiu mercar unha casa de campo para pasar as súas vacacións de verán alí, Llandudno tivese xa algo dese ambiente. Moi probabelmente procedese da súa recente conversión de vila galesa en destino de vacacións, algo que aínda hoxe pode rastrearse ben na súa contorna. Henry e Lorina ían acompañados da súa recua de fillos e fillas, e moi pouco imaxinaron que o lugar exacto que escolleron para veranear sería lembrado máis dun século despois, e moito menos que unha das súas fillas pequenas acabaría tendo estatuas pola cidade. Tampouco que se debatería durante moito tempo se, nalgún deses luminosos veráns da década dos sesenta recibiron (ou non) a visita dun vello amigo de Oxford…. (para a entrada completa)

Esta entrada foi publicada en Cotidiano. Garda a ligazón permanente.