Un Dylan Thomas con xeo, por favor

dylan thomas1

“El aquí bebía, pero bebía unha cousa normal. O que o matou foi o alcol americano”. Algo deste tipo dicían os fregueses de Swansea-Abertawe cando lles preguntaban pola morte do seu paisano Dylan Thomas. O poeta, famoso pola súa voz profunda e os seus recitais na BBC, case tanto como pola súa intensa relación co alcol, finara en Estados Unidos, no medio dunha xira. As causas da morte, aínda hoxe cuestionadas, nunca poderán separarse das súas últimas palabras: “18 whiskys, isto debe ser unha especie de record”. Tratándose dun poeta, pouco máis se precisa para crear unha lenda descomunal sobre os seus excesos.

Ler a entrada completa en marioregueira.gal

Esta entrada foi publicada en Cotidiano. Garda a ligazón permanente.