Arquivo da categoría: Literatura

Amén

Máis tarde chegan os cataláns Carles Riba e a súa muller Clementina Arderiu; Blai Bonet, Foix e o valenciano Fuster, tan amigos e tan preocupados e curiosos polas cousas literarias da Galiza e pola súa lingua. (A propósito: estes estupendos … Sigue lendo

Publicado en Epigramas, Galiza, Lingua, Literatura | Etiquetado , , , | 2 Comentarios

Ellis Island

Sospeito que Eduardo pensou en min para presentar este libro chamado inconscientemente polo lugar ficticio dende o que escribo o meu blogue. A Illa de Gorée, tamén chamada illa ou porto dos escravos, tiña un papel simbólico importante no meu … Sigue lendo

Publicado en Crítica, Edición, Galiza, Literatura | Etiquetado , , , | 1 comentario

Outro ano sen Bobby Sands

Nom ham de conseguir criminalizar-nos, nom nos arrebatarám a nossa verdadeira identidade, nom nos des-pojarám na nossa individualidade despolitizando-nos, institucionalizando-nos como robôs alienados. Nom ham de conseguir criminalizar a nossa luita de libertaçom. A pesar de todas as torturas, nom … Sigue lendo

Publicado en Activismo e resistencia, Cultura libre, Edición, Epigramas, Estaleiro, Lectura, Literatura | Etiquetado , , , , , | 3 Comentarios

Piazza Tabucchi

Gustábame del o viaxeiro, a persoa que vivindo no eixo marabilloso de Pisa e Siena non se conforma co que o seu recanto de mundo agasalla aos ollos e é capaz de desaparecer nalgún dos novos traxectos. Gustábame o perfil … Sigue lendo

Publicado en Cotidiano, Lectura, Literatura | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Piazza Tabucchi

As linguas que resucitan

O proceso de denacionalización total ou parcial dos pobos, que era a tarefa principal do Arquivo de Estado, consumábase segundo a vella doutrina secreta do “Cra-Cra” e transcorría a través de cinco fases esenciais: a primeira, a eliminación material da … Sigue lendo

Publicado en Activismo e resistencia, Epigramas, Galiza, Lingua, Literatura | Etiquetado , , , , | 3 Comentarios

Contesta ou disparo

Os comezos dos noventa foron unha etapa curiosa para a Galiza, ou ao menos así os lembra a miña memoria de neno. Unha fase de efervescencia e de consolidación do marco autonómico. antes de saber que a longa noite de … Sigue lendo

Publicado en Crítica, Edición, Edición dixital, Galiza, Literatura | Etiquetado , , , , | 2 Comentarios

O premio Pérez Parallé

Falábanme del o outro día na entrevista de Radiofusión e coincidía coas miñas propias lembranzas, agora que aínda estamos en prazo para unha nova edición. O premio Pérez Parallé tivo para min un significado moi persoal, en primeiro lugar porque … Sigue lendo

Publicado en Cotidiano, Literatura | Etiquetado , | Comentarios desactivados en O premio Pérez Parallé

A cegueira pasional (Lois Pereiro en NY)

Hai uns días facía Xoán Abeleira no seu blogue unha reflexión necesaria sobre a sobrevaloración que a miúdo abunda na poesía galega, ou polo menos na nosa percepción dela. Facíao ao respecto de Lois, cousa que tamén, neste ano de … Sigue lendo

Publicado en Cotidiano, Crítica, Literatura, Teoría | Etiquetado , , , | 3 Comentarios

Salvaterra é o final do verán

Hai xa moitos anos que o Festival de Poesía do Condado marca esa fronteira dos cursos académicos e políticos, o convite á penúltima viaxe do verán ou a primeira viaxe do outono (segundo queira o tempo), unha cita necesaria para … Sigue lendo

Publicado en Activismo e resistencia, Cotidiano, Galiza, Literatura | Etiquetado , , , | 2 Comentarios

A miña mala letra

Lembro que un dos meus primeiros debates sobre o oficio de escritor aconteceu nos meus anos escolares. Encarnizadamente defendía fronte a un compañeiro que ter boa letra non era imprescindíbel para dedicarse ao oficio de inventar historias, de feito era … Sigue lendo

Publicado en Cotidiano, Literatura | Etiquetado , | 3 Comentarios