Sobre

O porto dos escravos é o blogue persoal de Mario Regueira, autor literario, crítico e doutorando en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. O caderno é fillo lexítimo da súa propia versión previa, xa desaparecida, que se atopaba aquí. Se precisas contactar comigo podes deixar un comentario en calquera entrada indicándoo e cubrir o campo relativo ao correo electrónico, que non aparecerá publicado.

.

.

Algúns dos meus outros proxectos na rede:

Dor Fantasma – Proxecto de creación literaria baseado na fragmentariedade.

Blues da crecente – Blogue sobre o libro de poesía do mesmo título.

Historias eléctricas – Blogue colectivo sobre literatura hipertextual e cibernética. (Nun longo proceso de reorganización).

.

.

Tamén se poden atopar referencias aos meus traballos nos seguintes sitios.

AELG – A miña páxina no Centro de Documentación da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Inclúe textos meus, críticas dos meus libros e material audiovisual.

Testemuño da tinta– Sección deste mesmo blogue que recupera traballos meus que non coñeceron a edición dixital ou que foron retirados da rede.

Culturagalega.org – Enumeración das miñas obras e os seus datos básicos.

Xerais – A miña páxina de autor na web da editora.

 

As imaxes aleatorias do cabezallo proceden da seguintes ligazóns: 1, 2, 3, 4, 5, onde figuran cunha licenza Creative Commons Atribution 2.0 Generic.

.

.